Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2021 pola que se efectúa unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.
Destinatarios/as
Persoas maiores de 16 anos ou que os fagan antes do remate do prazo de inscrición.
Organización do curso
1. Número de prazas: 180.
2. Duración: 12 semanas (190 horas lectivas).
3. Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.
4. Datas de realización: do 1 de marzo ao 28 de maio de 2021
As persoas que desexen participar no curso convocado nesta resolución deberán inscribirse a través de internet na páxina web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal).
Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
O prazo para a inscrición será de cinco (5) días hábiles a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210128/AnuncioG0177-210121-0001_gl.pdf