COESCO ORGANIZA CURSO AFD PARA OBTER A COMPETENCIA CLAVE DE NIVEL 2 DE MATEMÁTICAS

22. 02. 22

Dende COESCO poñen en marcha o Curso AFD para obter a Competencia Clave de Nivel 2 de Matemáticas, precisa para aquelas persoas que, non reunindo os requisitos académicos, queiran acceder á formación para a obtención dos Certificados de Profesionalidade de Nivel 2.

Trátase dun curso subvencionado para persoas en situación de desemprego, con posibilidade de solicitar axudas para a formación, dependendo de si se atopan en algún dos supostos que recolle a orde.

O curso dará inicio o 2 de marzo de 2022 e prolongarase ata o 8 de abril de 2022, en horario de 9 a 14.

Aquelas persoas interesadas en participar desta formación poden contactar con nós nos números de teléfono 986 572 025 ou 667 703 711 (tamén whatsapp).