ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA CONVOCA CURSOS DE ADAPTACIÓN DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA AO SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS PARA PERSOAS LICENCIADAS OU GRADUADAS EN CC DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE E TÉCNICOS/AS SUPERIORES EN ANIMA

22. 03. 14

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2022 pola que se convocan cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), para licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, co obxectivo de acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

As actividades formativas serán as que se especifican no anexo II desta resolución, no cal, se indica tamén, de ser o caso, o número de edicións por curso, número de horas lectivas, número de prazas, datas de realización e horarios dos distintos cursos. As actividades formativas terán preferentemente horario de mañá e tarde.

O prazo de inscrición será de 20 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220314/AnuncioO3C2-030322-0002_gl.pdf