ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA CONVOCA CURSOS DE RECICLAXE DE SOCORRISMO ACUÁTICO, VÁLIDOS PARA A RENOVACIÓN DA INSCRICIÓN NO REXISTRO PROFESIONAL DO PERSOAL DE SOCORRISMO, INFORMACIÓN E PRIMEIROS AUXILIOS DE GALICIA

22. 03. 14

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2022 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

Obxectivos: Actualizar a formación necesaria para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

Contido: Reciclaxe de socorrismo en espazos acuáticos naturais.

– Módulo MF0269_2. Natación (4 horas).

– Módulo MF1082_2. Prevención de accidentes en espazos acuáticos naturais (4 horas).

– Módulo MF1083_2. Rescate de accidentados/as en espazos acuáticos naturais (4 horas).

– Módulo MF0272_2. Primeiros auxilios (4 horas). 

Destinatarios/as

Persoas inscritas no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia que estean obrigadas a renovar a inscrición antes do 31 de decembro de 2022.

Non obstante, poderán inscribirse aqueles que teñen que renovar a inscrición con posterioridade á data sinalada, pero só serán seleccionados no caso de existir prazas vacantes.

O prazo de inscrición será de 20 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220314/AnuncioO3C2-030322-0001_gl.pdf