SESIÓN INFORMATIVA SOBRE AS AXUDAS AO ARRANXO DE VIVENDAS 2022

22. 03. 31

O vindeiro LUNS 4 DE ABRIL, terá lugar unha charla informativa na Academia Galega de Seguridade Pública, na que persoal técnico da Xunta de Galicia explicarán todas as AXUDAS DE VIVENDA DA XUNTA DE GALICIA e na se poderán aclarar todas as dúbidas que teñas

Data: luns, 4 de abril

Hora: 10,30 horas

Lugar: Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP (Rúa da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra)

Ante o elevado número de consultas que temos en referencia a estas axudas, desde o Concello da Estrada facemos extensible á toda a cidadanía a asistencia a dita sesión informativa, se ben, por unha cuestión de aforo aquelas persoas que desexen asistir deberán inscribirse chamando ao departamento de emprego municipal: 986 677 740