Aprobar as bases reguladoras para a inscrición nos Cursos de Español para Persoas Inmigrantes, promovidos pola Deputación de Pontevedra, para a preparación do DELE (Diploma de Español como Lingua Estranxeira) do nivel A2 do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER) expedido polo Instituto Cervantes.
Os requisitos das persoas participantes serán:
— Presentarse ao exame do DELE A2 para obter a nacionalidade española
— Seren maiores de 16 anos
— Estaren empadroadas nun concello da provincia de Pontevedra
— Atopárense en situación administrativa regular en España
— Non contar cunha dispensa do Ministerio de Xustiza para realizar a proba do DELE A2
— Saber ler e escribir
— Ter coñecementos básicos da lingua española. O nivel do curso será o A2 do MCER
Ofértanse tres (3) edicións, de ata cincuenta e cinco (55) prazas, cun máximo de vinte (20) alumnas e alumnos por aula.
O prazo de inscrición será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/04/01/2022019002