CONCELLO DA ESTRADA EN COLABORACIÓN CO PUNTO DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS EMPRENDEDORAS NA ESTRADA E A ESCOLA DE ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL IMPULSAN O PROXECTO: ESPAZOS COWORKING DE EMPRENDEMENTO XUVENIL

22. 04. 08

A QUEN VAI DIRIXIDO?

Persoas mozas emprendedoras rexistradas en Garantía Xuvenil que, ou non atopan o posto de traballo que buscan no mercado actual ou que teñen unha visión emprendedora diferente, máis social, innovadora e sostible, e que desexan crear a súa propia empresa.

EN QUÉ CONSISTE O PROGRAMA?

É un proxecto de formación e mentorización 

CÓMO SE EXECUTA?

O Fondo Social Europeo, e EOI- Escola de Organización Industrial poñen en marcha o Coworking de Emprendemento Xuvenil, un espazo físico ( no caso de acadar un número mínimo de 15 participantes) ou virtual onde dispoñerás de:
 
Mentorización individual
Acompañámosche no proceso de emprender.
Terás acceso a 30 horas de mentorización individual e grupal de especialistas que che axudarán a mellorar o teu modelo de negocio e a introducirche no ecosistema emprendedor.
 
Axudas económicas
Actívanse preto de 2 millóns de euros para axudas directas ao emprendemento.
 
Desde EOI lánzanse convocatorias de forma recorrente para sufragar os gastos necesarios para a posta en marcha dun proxecto emprendedor
 
Formación
Daranche todas as claves para poñer en marcha o teu proxecto.
60 horas de formación en liña na que profundarás no deseño e validación do teu modelo de negocio, así como na súa posta en marcha.
 
Duración: 4 meses
 
Perfil da persoa emprendedora: 
Ter unha idea de negocio ou un proxecto en fase temperá de desenvolvemento.
Dispoñer de conexión a internet de calidade e ter acceso a un equipo informático con cámara e micrófono.
Aportar motivación e compromiso para implicarse nun programa cunha alta dedicación de tempo e enerxía. 
 
QUERES PARTICIPAR?
 
Inscricións: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando o interese no COWORKING A ESTRADA
 
TES DÚBIDAS?
Podes chamar ao departamento de emprego do Concello da Estrada en horario de 8.00 a 14.30 horas ou pasarte directamente polas nosas oficinas sen necesidade de cita previa.
 
Podes contactar con PUNTO PAE DA ESTRADA: 
Ofelia Mato Ribadavia
Economista y Gestor Administrativo
C/ Serafín Pazo nº 28 - 2ºA
36680 A Estrada
Tf.986499399
Tf.698126500