DIRECCIÓN XERAL DE MOBILIDADE POLA QUE SE CONVOCAN AS PROBAS DE CONSTATACIÓN DA COMPETENCIA PROFESIONAL PARA O DESEMPEÑO DAS FUNCIÓNS DE XESTOR/A DE TRANSPORTE EN EMPRESAS DE TRANSPORTE POR ESTRADA

22. 04. 18

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan para o ano 2022 as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (códigos de procedemento IF312A e IF312B).

No ano 2022, as persoas interesadas dispoñerán de ata dous chamamentos para a realización do correspondente exame, no segundo e terceiro cuadrimestres do ano, respectivamente, sempre que a propia evolución da situación sanitaria derivada da COVID-19 o permita. Os exercicios terán lugar nos períodos abranguidos entre:

– Primeiro período: entre o 18 de maio e o 31 de xullo de 2022, para aqueles aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día da apertura do prazo para presentar a solicitude, que será a partir do seguinte ao de publicación desta resolución, e o 2 de maio de 2022.

– Segundo período: entre o 1 de outubro e o 31 de decembro de 2022, para aquelas persoas aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día 3 de maio e o 1 de setembro de 2022.

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Dirección Xeral de Mobilidade, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Dirección Xeral (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/ mobilidade), sección de formación.

b) O teléfono 881 99 50 53 da devandita dirección xeral.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220413/AnuncioG0533-070422-0001_gl.pdf