Academia Galega de Seguridade Pública
RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2022 pola que se convocan cursos do módulo de Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias en espazos acuáticos naturais, incluído no Curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN-4), co obxectivo de acadar a formación mínima que debe reunir o persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.
Destinatarios/as
Persoas interesadas na inscrición no Rexistro Profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia na sección do persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais por medio da acreditación da formación mínima establecida no artigo 7 do Decreto 152/2021, do 21 de outubro.
O prazo de inscrición será de quince (15) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220428/AnuncioO3C2-200422-0001_gl.pdf