Consellería de Cultura, Educación e Universidade
RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2022, que foron convocadas mediante a Resolución do 9 de marzo de 2022 (código de procedemento PL500C).
Fixar as seguintes datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), convocadas mediante a Resolución do 9 de marzo de 2022:
– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 28 de maio de 2022, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G. 29 de maio de 2022, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R e S. – Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 4 de xuño de 2022, para todas as persoas admitidas.
– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 5 de xuño de 2022, para todas as persoas admitidas.
– Celga 1, en Santiago de Compostela: 11 de xuño de 2022, para todas as persoas admitidas.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220504/AnuncioG0598-260422-0001_gl.pdf