FEMXA PON Á TÚA DISPOSICIÓN FORMACIÓN GRATUÍTA DA XUNTA DE GALICIA (CURSOS EN LIÑA)

22. 05. 13

Cursos en liña gratuítos que  están enmarcados dentro da convocatoria de formación autonómica que está 100% subvencionada pola Xunta de Galicia e ou Ministerio de Traballo e Economía Social, á cal poden acceder as persoas traballadoras por conta allea, autónomas e afectadas por ERTE de Galicia.

Esta formación é totalmente subvencionada, polo que non representa custo algún para os participantes ou empresas, e non se restan créditos de formación xa que non é bonificada.

Estes cursos en liña gratuítos terán os últimos inicios en maio e xuño. Ao ser todos os cursos especialidades do catálogo do SEPE, outórgaselle un diploma acreditado polo Ministerio de Traballo e Economía Social ás persoas participantes que finalicen con éxito a formación.

Os cursos terán a inscrición aberta ata esgotarse as prazas.

As persoas interesadas poden solicitar praza e ampliar información desde a páxina: https://www.cursosfemxa.es/FormacionGalicia

 

 

Tamén se atopa aberta a inscrición aos cursos gratuítos de Tecnoloxías da información, os cales están 100% subvencionados polo Ministerio de Traballo e Economía Social, e poden acceder as persoas traballadoras por conta allea, autónomas e afectadas por ERTE.

Esta formación tambien conta con certificacións oficiais de Amazon e Oracle con prazas para persoas desempregadas, os cales se imparten en modalidade aula virtual.

As persoas que estean interesadas e queiran solicitar praza poden facelo desde:

Cursos en liña gratuítos de tecnoloxías da información: https://www.cursosfemxa.es/tic-cursos

Certificacións oficiais para desempregados: https://www.cursosfemxa.es/certificaciones-tic

Para calquera dúbida, está ao dispor das persoas interesadas o teléfono gratuíto 900 100 957 e o correo electrónico atencióEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.