ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA FIXA OS CRITERIOS REGULADORES DO CURSO DE FORMACIÓN PARA A OBTENCIÓN DA HABILITACIÓN DO PERSOAL DE CONTROL DE ACCESOS A ESPECTÁCULOS PÚBLICOS E ACTIVIDADES RECREATIVAS DURANTE O ANO 2022

22. 05. 18

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2022 pola que se fixan os criterios reguladores do curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas durante o ano 2022, e se convoca a súa realización (código de procedemento PR471A).

Este curso vai destinado ás persoas que pretendan realizar a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

O prazo para a presentación da devandita solicitude, vinculada co procedemento PR471A, abrirase ao día seguinte de que se publique a presente resolución no DOG ata o día 2 de xaneiro de 2023 (o modelo de solicitude figura como anexo a esta resolución (anexo I).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220516/AnuncioO3C2-060522-0001_gl.pdf