COESCO ORGANIZA CURSO: XESTIÓN INTEGRADA DE RECURSOS HUMANOS (CON CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE NIVEL 3)

21. 02. 10
 

Trátase dunha acción formativa subvencionada e destinada a persoas en situación de desemprego, que se levará a cabo nas instalacións que COESCO en A Estrada (Rúa San Paio 21-baiso), previsto para dar inicio o 1 de marzo de 2021 e que se prolongará ata o 8 de outubro do mesmo ano, en horario de 9 a 14 h.

Dita acción formativa pertence ao procedemento TR301P, sendo unha acción formativa con compromiso de contratación.

As persoas interesadas, poderán poñerse en contacto con Coesco a través da vías diferentes vías que figuran no cartaz axunto a este mail (teléfonos 986 572 025 – 667 703 711, ou a través do mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)

Ao ser un certificado cun nivel de cualificación profesional 3, poderán acceder aquelas persoas interesadas que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  • Título de Bacharelato.
  • Algún certificado de profesionalidade de nivel 3.
  • O certificado de nivel 2 da mesma familia e área profesional, neste caso o certificado de Actividades de xestión administrativa (ADGD0308).
  • Cumprir o requisito de accesos a ciclos formativos de grado superior ou haber superado as correspondentes probas reguladas pola administración educativa.
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 e/ou 45 anos.
  • Ter as competencias clave necesarias de nivel 3, segundo o recollido no anexo IV do RD34/2005.