FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN CONVOCA CURSOS DE FORMACIÓN SUBVENCIONADOS POLA XUNTA DE GALICIA

22. 08. 02
Están dirixidos a persoas traballadoras ocupadas (do Réxime Xeral ou autónomos) de calquera sector produtivo.
 
Tamén poderían incluír a persoas desempregadas pero a prioridade son traballadores/as ocupados/as. Entrarían se quedan prazas libres de ocupados/as.
 
Non ten custo para as persoas participantes nin gasta crédito de formación. Esta totalmente subvencionado.
 
O que si se esixe é o 100% de asistencia ao mesmo pero haberá unha porcentaxe de horas que se poderá faltar con xustificación e que oscilará entre un 10% e o 20%.
 
Pero esas faltas deberán ser recuperadas para completar o 100% das horas da formación.
 
Se desexas participar nesta formación, debes enviar  a seguinte documentación:
 
FM121 cuberta cos datos dos alumnos.
Fotocopia do DNI e tarxeta sanitaria
Cabeceira de nómina ou recibo de autónomos ou Demanda de Emprego
 
As prazas asignaranse por estrita orde de chegada da documentación completa.