Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2022, para os cursos do primeiro cuadrimestre (setembro-xaneiro), e desde o 3 ata o 13 de xaneiro de 2023, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).
Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 25.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220819/AnuncioG0655-280722-0001_gl.pdf