Curso dirixido a persoas con discapacidade: "ELABORACIÓN DE PREPARADOS CÁRNICOS FRESCOS"
Localidade: Santiago de Compostela
Horas: 90
Datas: do 03/11/2022 ao 28/11/2022
Centro de formación: G12 Grupo Empresarial de Servicios (Polígono do Tambre, vía Edison, 1C)
Obxectivo: realizar funcións e tarefas auxiliares na elaboración de produtos cárnicos frescos.
Bolsa de asistencia: 6 € diarios (incrementables se teñen fillos menores de 6 anos ao seu cargo ou residen nunha provincia diferente á de impartición do curso)
Prácticas: o curso inclúe prácticas en empresas, con 35 horas de duración (do 29/11/2022 ao 09/12/2022).
Prazo de inscrición: até o 27 de outubro.