ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA CONVOCA CURSO DE FORMACIÓN PARA A OBTENCIÓN DA HABILITACIÓN DOPERSOAL DE CONTROL DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PÚBLICOS E ACTIVIDADES RECREATIVAS

23. 01. 17

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2022 pola que se fixan os criterios reguladores do curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas durante o ano 2023, e se convoca a súa realización (código de procedemento PR471A).

Este curso vai destinado ás persoas que pretendan realizar a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

As persoas aspirantes deberán posuír os seguintes requisitos exixidos polo artigo 6 do Decreto 48/2021:

a) Ser maior de idade.

b) Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países que integran a Unión Europea ou estar en posesión do permiso de residencia e traballo correspondentes.

c) Carecer de antecedentes penais.

d) Ter a aptitude psicolóxica necesaria acreditada consonte o que dispón o artigo 8.4 do Decreto 48/2021.

O prazo para a presentación da dita solicitude, vinculada co procedemento PR471A, abrirase ao día seguinte de que se publique a presente resolución no DOG e permanecerá aberto ata o día 2 de xaneiro de 2024 (o modelo de solicitude figura como anexo a esta resolución (anexo I).

As solicitudes para unha edición concreta do curso admitiranse ata como máximo 10 días hábiles antes da realización da dita edición do curso, segundo o calendario das edicións do curso para o ano 2023, que se publica como anexo II a esta resolución.

Calendario das edicións do curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas para o ano 2023

Mércores, 18 de xaneiro de 2023.

Xoves, 16 de febreiro de 2023.

Mércores, 15 de marzo de 2023.

Sábado, 15 de abril de 2023.

Venres, 12 de maio de 2023.

Mércores, 21 de xuño de 2023.

Xoves, 13 de xullo de 2023.

Sábado, 23 de setembro de 2023.

Mércores, 18 de outubro de 2023.

Martes, 21 de novembro de 2023.

Mércores, 13 de decembro de 2023

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230117/AnuncioO3C2-100123-0001_gl.pdf