Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan para o ano 2023 as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (códigos de procedemento IF312A e IF312B).
No ano 2023, as persoas interesadas dispoñerán de ata tres chamamentos para a realización do correspondente exame, no primeiro, segundo e terceiro cuadrimestre do ano, respectivamente. Os exercicios terán lugar nos períodos abarcados entre:
– Primeiro período: entre o 14 de febreiro e o 30 de abril de 2023, para aqueles aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día da apertura do prazo para presentar a solicitude, que será a partir do seguinte ao de publicación desta resolución, e o 13 de febreiro de 2023.
– Segundo período: entre o 2 de maio e o 31 de agosto de 2023, para aquelas persoas aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día 14 de febreiro e o de 1 de maio de 2023.
– Terceiro período: entre o 2 de setembro e o 31 de decembro de 2023, para aquelas persoas aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día 2 de maio e o 1 de setembro de 2023.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230125/AnuncioG0533-130123-0001_gl.pdf