Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).
A proba convócase para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.
Non obstante o anterior, poderanse inscribir na proba e titular pola modalidade de Artes as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio conforme o establecido na segunda parte do anexo III da presente resolución.
O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 6 e o 15 de marzo de 2023.
As persoas aspirantes poderán inscribirse nos dous exercicios que integran a proba ou de un deles.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230214/AnuncioG0655-030223-0002_gl.pdf