BASES REGULADORAS DA SÉTIMA EDICIÓN DOS CURSOS DE ESPAÑOL PARA PERSOAS INMIGRANTES PARA A PREPARACIÓN DO DELE A2 PARA O ANO 2023
Estas bases teñen por obxecto aprobar a convocatoria da sétima edición dos Cursos de Español para Persoas Inmigrantes para a Preparación do DELE de nivel A2 do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER), expedido polo Instituto Cervantes en nome do Ministerio de Educación e Formación Profesional, co propósito de obter a nacionalidade española.
As persoas destinatarias desta convocatoria son persoas inmigrantes que reúnan os seguintes requisitos:
• Atoparse en situación regular en España
• Ser maiores de 16 anos
• Estar empadroadas nun concello da provincia de Pontevedra
• Saber ler e escribir
• Ter coñecementos básicos da lingua española (o nivel do curso será o A2 do MCER)
• Non contar cunha dispensa do Ministerio de Xustiza para realizar a proba do DELE A2
O prazo de inscrición comezará o 14 de marzo e rematará o 12 de abril, vinte (20) días hábiles contados a partir do décimo día natural seguinte ao da publicación das bases e do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na Base de Datos Nacional de Subvencións.
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2023/03/03/2023014402