CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE CONVOCA AS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, CELGA NIVEIS 1,2,3 E 4

23. 03. 06

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento PL500C)

Persoas destinatarias.

As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio/xuño de 2023, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada. 

Presentación de solicitudes e prazo. 

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente. No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas a que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte (27 DE MARZO)

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230306/AnuncioG0655-010323-0001_gl.pdf