CURSOS GRATUÍTOS ORGANIZADOS POLO SEPE

21. 03. 03

O Servizo Público de Emprego Estatal ( SEPE) puxo en marcha nove programas diferentes de formación avanzada totalmente gratis destinados a traballadores/as en activo, empregados/as acollidos/as a un ERTE e autónomos/as de toda España.

Todos estes cursos están financiados polo SEPE polo que son gratuítos e non teñen ningún custo para a persoa que quere realizalos, ademais en moitos deles tras finalizar obtense un Certificado de Profesionalidade.

  • Cursos Gratis en competencias dixitais.

O sector tecnolóxico é un dos que máis demanda de emprego teñen actualmente, debido a que moitas empresas tiveron que dixitalizarse ás alancadas e incluír o teletraballo, polo que son necesarios profesionais neste sector para poder levar a cabo esa transformación dixital.

Entre os postos máis demandados atópanse os administradores de sistemas cloud, administradores de bases de datos e BigData, programadores de backend e frontend e de páxinas web, ou expertos en “ machine learning.

Estes cursos son ofrecidos grazas á participación de empresas tecnolóxicas como Amazon Web Services, IBM, Microsoft, Oracle, Linux Professional Institute, SAP, MongoDB e VMware

Se queres apuntarte podes facelo desde aquí

  • Cursos gratis para aprender idiomas en liña.

- Inglés Profesional para actividades comerciais: 90 horas, máis información e inscrición aquí
- Inglés A1: 150 horas, máis información e inscrición aquí
- Inglés A2: 150 horas, máis información e inscrición aquí
- Inglés B2: 150 horas, máis información e inscrición aquí
- Inglés C1: 240 horas, máis información e inscrición aquí
- Inglés B1: 240 horas, máis información e inscrición aquí

  • Cursos gratis do sector da alimentación en liña.

- Actividades Auxiliares de almacén: 210 horas, máis información e inscrición aquí
- Protocolos IFS e BRC en seguridade alimentaria: 50 horas, máis información e inscrición aquí
- Aditivos alimentarios: 70 horas, máis información e inscrición aquí
- Lexislación e normativa alimentaria: 50 horas, máis información e inscrición aquí

  • Cursos gratis de Beleza e Estética en liña.

- Tanatopraxia: 165 horas, máis información e inscrición aquí

  • Cursos gratis de Comercio, Marketing e Venda en liña.

- Xestión dun pequeno negocio: 80 horas, máis información e inscrición aquí
- Marketing e reputación en liña: 180 horas, máis información e inscrición aquí
- Xestión do Marketing: 90 horas, máis información e inscrición aquí
- Habilidades Comerciais: 60 horas, máis información e inscrición aquí

  • Cursos gratis de Artes Gráficas, Edición Dixital e Multimedia en liña.

- Photoshop avanzado: 40 horas máis información e inscrición aquí
- Creación de Blogues e Redes Sociais: 60 horas máis información e inscrición aquí
- Redacción Publicitaria: 120 horas máis información e inscrición aquí
- AutoCAD Map 3D nivel usuario: 40 horas máis información e inscrición aquí