CONSELLERIA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE CONVOCA A REALIZACIÓN DE PROBAS DIRIXIDAS Á OBTENCIÓN E RENOVACIÓN DO CERTIFICADO DO CONSELLEIRO/A DE SEGURIDADE PARA O TRANSPORTE DE MERCADORIAS PERIGOSAS POR ESTRADA E POR FERROCARRIL

23. 06. 28

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril (códigos de procedemento IF310A, IF310B e IF310C)

As probas indicadas no punto anterior abranguerán as seguintes especialidades:

a) Todas as clases.

b) Clase 1 (materias e obxectos explosivos).

c) Clase 2 (gases).

d) Clase 7 (materias radioactivas).

e) Clases 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9 (materias sólidas e líquidas contidas na enumeración de cada unha das clases do Acordo europeo para o transporte internacional de mercadorías perigosas por estrada (ADR) e no Regulamento relativo ao transporte internacional por ferrocarril de mercadorías perigosas (RID).

f) Materias líquidas inflamables cos números de identificación da Organización de Nacións Unidas 1202 (gasóleo), 1203 (gasolina) e 1223 (queroseno).

O prazo de presentación de solicitudes para participar nas probas será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230628/AnuncioG0533-160623-0001_gl.pdf