AULA CEMIT DA ESTRADA ORGANIZA: OBRADOIROS GIRL STEAM

23. 07. 06

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, no marco do convenio asinado coa AMTEGA (Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia), desenvolve este verán un feixe de obradoiros prácticos de experimentación tecnolóxica para a rapazada en 15 concellos da Rede de aulas CeMIT da Xunta de Galicia.

Trátase de impulsar actividades de mentorado desde idades temperás dirixidas á rapazada, especialmente ás nenas, para rachar estereotipos e espertar o seu interese e confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM (acrónimo de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, artes e matemáticas) a través de obradoiros lúdicos, onde aprender e experimentar coa tecnoloxía, coa finalidade principal de fomentar o talento e despertar vocacións tecnocientíficas.

Descrición: Durante os obradoiros, o monitorado adapta os contidos ás características de cada grupo, tendo en conta as áreas STEAM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, artes e matemáticas)

Os obradoiros artéllanse deste xeito:

· No grupo de 8-11 anos realizaremos un obradoiro de stop motion con luces led. Partiremos da realización dun circuíto eléctrico de papel composto de batería, pegatina de cobre e leds, co que descubriremos como prender e apagar unha ou varias luces. Partindo das luces, por grupos, crearemos unha historia onde haxa que introducilas e elaboraremos un guión. Construiremos unha historia gravando varios fotogramas e editaremos os mesmos, dando como resultado un vídeo en formato stop motion. A actividade realizarase por grupos de 3-4 persoas.

· No grupo de 12-15 anos realizaremos unha actividade de introdución aos tecidos intelixentes. Deseñaremos un brazalete con luces led que reaccione a diferentes cambios: temperatura, iluminación, posición no espazo, etc. Para elo, coseremos un circuíto eléctrico con fío condutor, conectando leds e sensores. Integraremos no mesmo a placa Lilypad de Arduino que programaremos para que os leds reaccionen a diferentes variables. A actividade realizarase por grupos de 3-4 persoas.

Durante os obradoiros traballaremos de xeito transversal cuestións como a igualdade, o sentido crítico ante a tecnoloxía e o seu uso creativo, máis alá do mero uso e consumo, a importancia da colaboración e o traballo en equipo, así como a relevancia das artes como ferramenta de desenvolvemento.

Curso                                                                                Prazas totais                                       Data                               Hora de inicio                               Hora de fin

Obradoiros  para rapazada     de 8 a 11 anos                            15                                        20/07/2023                                  10:00                                        13:00

Obradoiros para rapazada      de 12 a 15 anos                          15                                         21/07/2023                                 10:00                                        13:00

Inscricións na web https://cemit.xunta.gal/. (Data límite inscripción: 19 de xullo ás 14:00 horas)

Para calquera dúbida contacten coas oficinas de aestradadixital sitas na Avda Benito Vigo nº 94 Baixo no teléfono 986570997 en horario de 9:00 a 14:00 horas.