ANACOS ORGANIZA CURSO DE MONITORADO DE TEMPO LIBRE

23. 07. 13

O curso realizarase de 09:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 20:00 horas os seguintes días de agosto: 1-2-3-4-7-8-9-10-11-16-17-18-21-22-23-24-25-29-30-31.

Aproveita o verán ☀️ para para formarte no eido do ocio e o tempo libre e adquire os coñecementos precisos para introducirte no mundo laboral, coa garantía dun título homologado. E se es do concello da Estrada e es dxs primeiras 20 persoas en inscribirse terías 100€ de desconto bonificado por parte do Concello da Estrada.

Se estás interesadx en levar a cabo unha labor educativa, neste curso prepararémoste para desempeñar a tarefa de educador/a no ámbito sociocultural e do tempo libre.

Ademais de pasalo ben, por suposto! 💪

📆 Podes inscribirte ata o 28 de xullo, pero as prazas son limitadas! E se es dxs primeiros en reservar a túa, podes levar algunha sorpresa en forma de desconto 🤭

🔗 https://forms.gle/XixxRy6FTJGrVtk16

Se precisas máis info podes chamarnos, mandarnos un mail ou visitarnos na Central.

📞 635135809
📩 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
📍 Rúa Baiuca, 2 baixo