FORMACIÓN

23. 11. 16

COESCO organiza a actividade formativa: Dinamización de Actividades de Tempo Libre Educativo Infantil e Xuvenil que da lugar á obtención dun Certificado de profesionalidade de Nivel 2, que habilita para exercer as ocupacións de Monitor de campamentos, ludotecas, granxas escola.... e monitor no eido escolar.

O curso esta 100% subvencionado. Teñen prioridade persoas en situación de desemprego, podendo seleccionar persoas actualmente ocupadas.

O curso ten previsto dar inicio o 27 de NOVEMBRO 2023, e remataría o 26 de FEBREIRO 2024, (a formación específica do certificado remata o 20 de febreiro, sendo os catro días restantes de formación transversal), sendo o seu horario de 15:30 a 20:30 en MODALIDADE PRESENCIAL.

Aquelas persoas que poidan estar interesadas en participar, poden contactar con COESCO no 986 57 20 25 ou no 667 703 711 (tamén por whatsapp).