CONVOCATORIA DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA PARA MAIORES DE DEZAOITO ANOS NAS CONVOCATORIAS DE ABRIL E XUÑO 2024

24. 01. 12

Convocatorias

1. Convocatoria de abril: a proba terá lugar o día 12 de abril de 2024.

2. Convocatoria de xuño: a proba terá lugar o día 7 de xuño de 2024.

Lugares de realización das probas

1. Constituiranse sedes para a realización da proba nas seguintes localidades: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

2. A relación dos centros educativos que actúen como sedes dos diferentes tribunais publicaranse xunto coa lista de persoas admitidas e excluídas.

 

O prazo de presentación de solicitudes de inscrición na proba serán:

a) Para a convocatoria de abril: do 5 ao 21 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

b) Para a convocatoria de xuño: do 8 ao 19 de abril de 2024, ambos os dous incluídos.

Ligazóns: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240111/AnuncioG0655-040124-0001_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED540A

https://www.edu.xunta.gal/portal/ea/obtencion-de-titulos

https://www.edu.xunta.gal/portal/ea/materiais-didacticos