CONVOCATORIA DA PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE VINTE ANOS

24. 02. 22

Data e lugar de realización da proba

  1. A proba realizarase en Santiago de Compostela o día 26 de abril de 2024 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
  2. Cando o número de persoas matriculadas exceda a capacidade dos espazos dispoñibles para realizar a proba no IES San Clemente, a Dirección Xeral de Formación Profesional establecerá outro centro ou centros nos cales os aspirantes realizarán a proba.

Modalidades

  1. A proba convócase para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.
  2. Non obstante o anterior, poderanse inscribir na proba, e titular pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio conforme o establecido na segunda parte do anexo III da presente resolución.

Requisitos que deben reunir as persoas aspirantes

  1. Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
  • Ser maior de vinte anos ou cumprir esa idade no ano 2024.
  • Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.
  • Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2023/24.

       2. O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria da proba e dos posibles resultados académicos obtidos nela.

O prazo de presentación de solicitudes de inscrición na proba será do 15 ao 28 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Ligazóns: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240123/AnuncioG0655-050124-0002_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED534A&ano=2022&numpub=1