BASES REGULADORAS DA OITAVA EDICIÓN DOS CURSOS DE ESPAÑOL PARA A PREPARACIÓN DO DELE A2 PARA O ANO 2024
As persoas destinatarias desta convocatoria son inmigrantes que reúnan os seguintes requisitos:
• Atoparse en situación regular en España
• Ser maiores de 16 anos
• Estar empadroadas nun concello da provincia de Pontevedra
• Saber ler e escribir
• Ter coñecementos básicos da lingua española (o nivel do curso será o A2 do MCER)
• Non contar cunha dispensa do Ministerio de Xustiza para realizar a proba do DELE A2
Quedan excluídas as persoas que realizasen o curso de preparación nas últimas dúas edicións.
Ofértanse tres (3) edicións de ata sesenta (60) prazas, cun máximo de vinte (20) alumnas e alumnos por curso, segundo o correspondente a cada edición.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).
O prazo de inscrición comezará o 1 de marzo de 2024 e rematará o 15 de marzo de 2024.
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/02/27/2024011555