COESCO CONVOCA CURSO ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS (SSCS0208)

24. 03. 15

Curso de ATENCIÓN SOCIOSANITARIA  A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS (SSCS0208), conducente á obtención do Certificado profesional de nivel 2 de cualificación profesional (CERTIFICADO CON ALTA EMPREGABILIDADE)

A través deste curso, os/as alumnos/as obterán a titulación requirida para exercer as ocupacións de xerocultor/a, coidador/a en residencias e centros de persoas dependentes, que habilita tanto para exercer a súas funcións en residencias como en domicilios (coa normativa actual).

É un curso 100% subvencionado - gratuito, no que teñen prioridade as persoas en situación de desemprego e que cumpran os requisitos de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2 ( https://emprego.xunta.gal/portal/es/11-demandantes/demandantes-sp/390-certificados-de-profesionalidad.html#nivel-2

Este curso inclúe un módulo de prácticas en centros de traballo, o que constitúe unha oportunidade de cara a inserción laboral.

  • lugar de realización será en COESCO SLU, centro ubicado na Rúa San Paio 21 – Baixo. A Estrada.
  • inicio está previsto para mediados de abril.
  • proceso de selección do alumnado levarase a cabo nas vindeiras semana polo que, se houbese persoas interesadas, deberán contactar con nos a través das vías postas a súa disposición.
  • En total son 468 horas de duración, entre os módulos propios do curso, o módulo de prácticas en residencias e os transversais.

Aquelas persoas que estean interesadas ou queiran mais información, poden contactar con nós nos teléfonos 986 57 20 25, no 667 703 711, a través do mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou de forma presencial no noso centro.