ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA CONVOCA CURSOS DE ADAPTACIÓN DE ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA, CO OBXECTIVO DE ACADAR A FORMACIÓN MÍNIMA QUE DEBEN REUNIR OS/AS SOCORRISTAS ACUÁTICOS/AS PARA O SEU EXERCICIO PROFESIONAL

24. 03. 19

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2024 pola que se convocan cursos de adaptación da actividade física e deportiva (CAFDO), co obxectivo de acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

Destinatarios/as

Persoas interesadas na inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia por medio da acreditación da formación mínima establecida no artigo 4 do Decreto 152/2021, do 21 de outubro, e as persoas que ao abeiro da disposición transitoria primeira do Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia estiveron inscritas provisionalmente no rexistro de socorristas acuáticos e que na actualidade se encontran coa inscrición caducada poderán obter a formación mínima e renovar a inscrición na sección correspondente.

Actividades formativas

As actividades formativas serán as que se especifican no anexo II desta resolución, no cal, se indica tamén, de ser o caso, o número de edicións por curso, número de horas lectivas, número de prazas, datas de realización e horarios dos distintos cursos.

As actividades formativas terán preferentemente horario de mañá e tarde. Os cursos convocados realizaranse na Academia Galega de Seguridade Pública (rúa Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), sen prexuízo de que algunhas actividades formativas concretas ou módulos delas se poidan facer fóra das súas instalacións. De ser o caso, as persoas seleccionadas nas diferentes actividades formativas serán notificadas por correo electrónico de calquera outra información necesaria.

O prazo de inscrición será ata o 27 de marzo de 2024 a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240319/AnuncioO3C2-120324-0001_gl.pdf