ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA
RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2024 pola que se convoca unha edición do Curso de formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos na Comunidade Autónoma de Galicia, destinado ás persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo.
Destinatarios/as
Persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.
As actividades formativas serán as que se especifican no anexo II desta resolución, no cal se indica tamén, de ser o caso, o número de edicións por curso, número de horas lectivas, número de prazas, datas de realización e horarios dos distintos cursos. As actividades formativas terán preferentemente horario de mañá e tarde.
Os cursos convocados realizaranse na Academia Galega de Seguridade Pública (r/ Cultura s/n, A Estrada, Pontevedra), sen prexuízo de que algunhas actividades formativas concretas ou módulos destas se poidan facer fóra das súas instalacións. De ser o caso, as persoas seleccionadas nas diferentes actividades formativas serán notificadas por correo electrónico de calquera outra información necesaria.
O prazo de inscrición será de dez (10) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240322/AnuncioO3C2-150324-0001_gl.pdf