ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA
RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2024 pola que se convocan dúas edicións do curso de formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais, destinado ás persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Destinatarios/as
Persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Solicitudes
O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp http://agasp. non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.
O prazo de inscrición será ata o 26 de abril de 2024 a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240417/AnuncioO3C2-100424-0001_gl.pdf