CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES
RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2024, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 5 de marzo de 2024 (código de procedemento PL500C).
– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 18 de maio de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T e U. 19 de maio de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.
– Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 25 de maio de 2024, para todas as persoas admitidas.
– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 26 de maio de 2024, para todas as persoas admitidas.
– Celga 1, en Santiago de Compostela: 1 de xuño de 2024, para todas as persoas admitidas.
Os centros de realización das probas serán:
– En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas (Celga 4, Celga 3 e Celga 2) e a Escola Galega de Administración Pública (Celga 1).
– En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade (Celga 4, Celga 3 e Celga 2).
chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240429/AnuncioG0655-150424-0007_gl.pdf