10 PRAZAS
As persoas seleccionadas deberán superar un curso inicial de 160 horas, que se imparte en horario de mañá e cunha duración de 1 mes.
Requírese:
- Dispoñibilidade para realizalo en Santiago de Compostela.
- Unha vez superes o curso, traballarás sempre que haxa situacións de emerxencia en Galicia que requiran dun reforzo no servizo de emerxencias de 112.
- Dispoñibilidade total.
-Contrato a xornada completa con posibilidades de tres quendas de traballo: mañá, tarde e noite. Como sabes, o 112 ofrece resposta inmediata as 24 horas do día, os 365 días do ano, polo que necesitamos que, no momento da incorporación, teñas unha dispoñibilidade completa.
-Salario: 1338,25 € brutos/mes.