EGAP CONVOCA CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS EN ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE, NIVEL BÁSICO DIRIXIDO AO PÚBLICO EN XERAL

24. 07. 22

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2024 pola que se convoca o curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre, nivel básico, para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 26 de agosto ao 5 de setembro de 2024. 

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/ matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Duración: 60 horas.

Edicións: unha.

Datas: do 24 de setembro ao 22 de novembro de 2024.

Proba final: o día 22 de novembro ás 10.00 horas.

A proba final do curso realizarase de xeito telemático a través da aula virtual.

Prazas: 100.

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240722/AnuncioO150-100724-0002_gl.pdf