XUNTA DE GALICIA CONVOCA PROBAS DIRIXIDAS Á OBTENCIÓN E RENOVACIÓN DO CERTIFICADO DO CONSELLEIRO/A DE SEGURIDADE PARA O TRANSPORTE DE MERCADORÍAS PERIGOSAS POR ESTRADA E FERROCARRIL

24. 07. 23

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril (códigos IF310A, IF310B e IF310C).

Rexeranse polas bases contidas neste anexo:

a) As probas para obter o certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, tanto na modalidade de estrada como na de ferrocarril (código de procedemento IF310A).

b) As probas para renovar o certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, tanto na modalidade de estrada como na de ferrocarril (código de procedemento IF310B).

c) A devolución das taxas de dereitos de exame das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, tanto na modalidade de estrada como na de ferrocarril (código de procedemento IF310C).

As probas indicadas no punto anterior abranguerán as seguintes especialidades:

a) Todas as clases.

b) Clase 1 (materias e obxectos explosivos).

c) Clase 2 (gases).

d) Clase 7 (materias radioactivas).

e) Clases 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9 (materias sólidas e líquidas contidas na enumeración de cada unha das clases do Acordo Europeo para o Transporte Internacional de Mercadorías Perigosas por Estrada –ADR– e no Regulamento relativo ao Transporte Internacional por Ferrocarril de Mercadorías Perigosas -RID-.

f) Materias líquidas inflamables cos números de identificación da Organización de Nacións Unidas 1202 (gasóleo), 1203 (gasolina) e 1223 (queroseno).

O prazo de presentación de solicitudes para participar nas probas será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240723/AnuncioG0759-090724-0002_gl.pdf