ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA
RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2024 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.
Destinatarios/as
Persoas inscritas no Rexistro Profesional do Persoal de Socorrismo, Información e Primeiros Auxilios de Galicia na sección de instalacións acuáticas que estean obrigadas a renovar a inscrición antes do 31 de decembro de 2025. Non obstante, poderán inscribirse aqueles que teñen que renovar a inscrición con posterioridade á data sinalada, pero só serán seleccionados no caso de existir prazas vacantes.
O prazo de inscrición será ata o 16 de outubro de 2024 a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240926/AnuncioO3C2-180924-0002_gl.pdf