DIRECCIÓN XERAL DE MOBILIDADE CONVOCA PROBAS DE CONSTATACIÓN DA COMPETENCIA PROFESIONAL PARA O DESEMPEÑO DAS FUNCIÓNS DE XESTOR/A DE TRANSPORTES

21. 03. 23

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan probas de constatación da competencia profesional para o
desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (códigos de procedemento IF312A e IF312B).

Calendario.
a) No ano 2021 prevese a realización de dúas convocatorias; non obstante, poderase modificar tanto o número de convocatorias, reducíndoas a unha, como o calendario, en función da evolución da situación actual sanitaria derivada da COVID-19. As dúas convocatorias terán lugar preferentemente en sábado, domingo ou festivo, nos períodos abranguidos entre:
Primeira convocatoria: entre o 17 de abril de 2021 e o 27 de xuño de 2021.
– Segunda convocatoria: entre o 2 de outubro de 2021 e o 19 de decembro de 2021.

b) As persoas aspirantes que cumpran os requisitos para presentárense ás probas poderán presentarse á modalidade de xestor de transporte para empresas de transporte de mercadorías por estrada e á de xestor de transporte para empresas de transporte de persoas viaxeiras por estrada, ou só a unha delas.

Prazos de presentación de solicitudes.
Para a primeira convocatoria: o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Para a segunda convocatoria: desde o 1 ao 23 de agosto de 2021, incluídos ambos os días.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210323/AnuncioG0533-110321-0001_gl.pdf