No marco do Programa Vives Emprende (Acción Contra a fame) organizan o taller en liña e gratuíto “EMPRENDEMENTO E INMIGRACIÓN: Todo o que necesitas saber” no que coñeceremos as situacións legais e acceso ao emprendemento para aquelas persoas que se atopan en procesos migratorios de estranxeiría e protección internacional en Galicia.
Será o martes 12 de novembro de 10 a 14 horas e para participar as persoas interesadas só se teñen que rexistrar no formulario accedendo no link do evento. Fai clic aquí
No caso daquelas persoas que queiran profundar na fórmula emprendedora, posteriormente terán tamén en modalidade en liña o ciclo de talleres “Da Idea ao Mercado” os días 26, 27 e 28 de novembro de 10:30 a 13:30.