XUNTA DE GALICIA FIXA AS DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEIS CELGA 2, 3 E 4

24. 10. 28

CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2024, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 3 de setembro de 2024 (código de procedemento PL500C).

Fixar as seguintes datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), convocadas mediante a Resolución do 3 de setembro de 2024:

– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 16 de novembro de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T e U. 17 de novembro de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.

– Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 23 de novembro de 2024, para todas as persoas admitidas.

– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 24 de novembro de 2024, para todas as persoas admitidas.

Os centros de realización das probas serán:

– En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas Fraguas (rúa de Londres, 10).

– En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade (vía Río Burbia, s/n).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241028/AnuncioG0766-211024-0003_gl.pdf