Obxecto: O obxecto desta convocatoria é fixar as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar os estudos que dean acceso aos postos de técnicas ou adestradoras en clubs deportivos e de xuízas e árbitras nas diferentes modalidades deportivas.
Persoas beneficiarias: Poderán beneficiarse das axudas desta convocatoria as mulleres nadas e residentes na actualidade nalgún dos concellos da provincia de Pontevedra ou as mulleres non nadas na provincia de Pontevedra pero empadroadas desde o 1 de xaneiro de 2024 nalgún dos concellos da provincia.
Gastos subvencionables:
Considerarase gasto subvencionable aquel que, de maneira indubidable, responda á natureza da finalidade subvencionada. Terán esta consideración:
— Os gastos de matrícula dos diferentes títulos oficiais que dan acceso, nas diferentes modalidades, aos postos de adestradora ou técnica, xuíza ou árbitra; estes poderán ser impartidos polas federacións deportivas (autonómicas ou estatais) ou polos diferentes centros de ensinanzas deportivas de réxime especial.
— Os gastos de matrícula das formacións federativas iniciadas en 2024 para obter o diploma que capacita para adestrar a deportistas en idade escolar e participar en competicións federativas.
A matrícula deberá ser realizada no 2024 e os estudos poderán rematarse no mesmo ano ou comprender o ano lectivo 2024/2025.
O prazo de presentación de solicitudes empezará a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na Base de Datos Nacional de Subvencións, e finalizará o 30 de novembro de 2024.
Ligazón: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/10/28/2024070078