XUNTA DE GALICIA CONVOCA PROBAS DE CONSTATACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAL PARA O DESEMPEÑO DAS FUNCIÓNS DE XESTOR/A DE TRANSPORTE EN EMPRESAS DE TRANSPORTE POR ESTRADA

24. 11. 26

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan, para o ano 2025, as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (códigos de procedemento IF312A e IF312B).

No ano 2025, as persoas interesadas dispoñerán de ata catro chamamentos para a realización do correspondente exame. Os exercicios terán lugar nos períodos abarcados entre:

– Primeiro período: entre o 24 de febreiro e o 4 de abril de 2025, para aqueles aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día da apertura do prazo para presentar a solicitude, que será a partir do seguinte ao de publicación desta resolución, e o 24 de xaneiro de 2025.

– Segundo período: entre o 26 de maio e o 4 de xullo de 2025, para aquelas persoas aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o 25 de xaneiro e o 21 de abril de 2025.

– Terceiro período: entre o 1 de setembro e o 4 de outubro de 2025, para aquelas persoas aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día 22 de abril e o 15 de xullo de 2025.

– Cuarto período: entre o 17 de novembro e o 19 de decembro de 2025, para aquelas persoas aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día 16 de xullo e o 24 de outubro de 2025.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241126/AnuncioG0759-181124-0001_gl.pdf