AXENCIA GALEGA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA CONVOCA PROBAS DE AVALIACIÓN DE CARÁCTER LIBRE PARA A OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA

21. 03. 25

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2021 pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiores de 16 anos, ou que  os fagan antes da finalización do prazo de inscrición, inscritas como usuarias da rede CeMIT.

Na Estrada as probas serán o xoves, 6 de maio ás  10.00 (9 prazas)

As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT (http://cemit.xunta.gal).

O prazo para a inscrición será de sete (7) días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210325/AnuncioG0177-160321-0001_gl.pdf