CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN
RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais de nivel 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A).
Convócanse probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3 nas seguintes competencias clave:
• Comunicación en lingua galega.
• Comunicación en lingua castelá.
• Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
• Competencia matemática.
Presentación de solicitudes e prazo
1. Para participar nestas probas deberá presentarse unha solicitude segundo o modelo do anexo I desta resolución.
2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250114/AnuncioG0767-121224-0001_gl.pdf