Persoas destinatarias: Curso dirixido a persoas que desexen desenvolver a súa actividade profesional en áreas ou departamentos de:
• Formador de formación non regrada.
• Formador de formación ocupacional non regrada.
• Formador ocupacional.
• Formador para o emprego
• Formador de formadores
Duración:
Horas Certificado: 380 Horas
Lugar de impartición:
As horas Presenciais:Lalin
Titulación Oficial: A superación con avaliación positiva da formación establecida no presente certificado de profesionalidade posibilita a expedición do mesmo por parte da administración pública competente.
Probas a realizar: As reguladas no propio Certificado.
Requisitos de acceso. (Alumnado):
Nivel de cualificación profesional: 3
Os/as alumnos/as deberán cumprir algún dos requisitos seguintes:
• Estar en posesión do Título de Bacharel para nivel 3.
• Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/o do certificado de profesionalidade ao que desexa acceder.
• Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional para o nivel 3.
• Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior para o nivel 3, ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
• Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/o de 45 anos.
• Ter os coñecementos formativos ou profesionais suficientes que permitan cursar con aproveitamento a formación.
Se quere matricularse, ten que enviarnos ficha de inscrición que lle anexamos, a titulación académica e fotocopia do DNI ao enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.