ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA
RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2025 pola que se fixan os criterios reguladores do curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas durante o ano 2025, e se convoca a súa realización (código de procedemento PR471A).
Os requisitos para participar neste curso son os seguintes:
a) Ser maior de idade.
b) Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países que integran a Unión Europea ou estar en posesión do permiso de residencia e traballo correspondentes.
c) Carecer de antecedentes penais.
d) Ter a aptitude psicolóxica necesaria acreditada consonte o que dispón o artigo 8.4 do Decreto 48/2021, do 11 de marzo
O prazo para a presentación das devanditas solicitudes, vinculada co procedemento PR471A, abrirase ao día seguinte de que se publique esta resolución no DOG e permanecerá aberto ata a entrada en vigor da resolución correspondente ao exercicio 2026.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250123/AnuncioO3C2-120125-0001_gl.pdf