CONSELLERIA DE EDUCACIÓN CONVOCA PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TITULO DE GRADUADO/A EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA PARA PERSOAS MAIORES DE 18 ANOS

25. 02. 07

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de abril e xuño, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

Convocatorias

1. Convocatoria de abril: a proba terá lugar o día 11 de abril de 2025.

2. Convocatoria de xuño: a proba terá lugar o día 6 de xuño de 2025.

O prazo de presentación de solicitudes de inscrición na proba serán:

a) Para a convocatoria de abril: do 10 ao 21 de febreiro de 2025, ambos os dous incluídos.

b) Para a convocatoria de xuño: do 31 de marzo ao 10 de abril de 2025, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria que non superen a totalidade dos ámbitos da proba consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

Debido á imposibilidade funcional para a presentación electrónica das solicitudes nos centros educativos, as solicitudes de inscrición (anexo I) deberán presentarse presencialmente nos centros educativos sinalados no punto 4 desta epígrafe ou en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal dirixido á Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250207/AnuncioG0761-280125-0001_gl.pdf