CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE CONVOCA CURSOS DE LINGUA GALEGA GRATUÍTOS PARA A PREPARACIÓN DAS DO CELGA 2, 3 E 4

25. 02. 07

CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral da Lingua convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua

O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250207/AnuncioG0766-030225-0001_gl.pdf