CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL
ORDE do 31 de xaneiro de 2025 pola que se regula a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán participar na proba as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ser maior de vinte anos ou cumprir esa idade no ano natural en que se realiza a proba.
b) Non estar en posesión do título de bacharel en ningunha das súas modalidades nin estar en posesión de calquera outra titulación declarada equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nestas ensinanzas no curso escolar en que se realice a proba.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250211/AnuncioG0761-030225-0001_gl.pdf